A Xunta de Galicia premiará aos mellores proxectos arquitectónicos de edificacións realizados nos últimos anos nos eidos da arquitectura e a rehabilitación a través dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén se galardoará a traxectoria profesional dunha persoa arquitecta no territorio galego.
O obxectivo dos premios é o impulso á excelencia da nosa arquitectura e a rehabilitación recoñecendo a calidade das edificacións rematadas entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017, tanto de obra nova como de rehabilitación. Especial mención merecen os premios especiais de sustentabilidade e á traxectoria profesional. O primeiro busca destacar a implementación dunha arquitectura responsable e comprometida co medio ambiente en consonancia cos programas europeos e o Horizonte Europa 2020. O premio á traxectoria profesional pretende ser un recoñecemento da especial contribución á arquitectura no territorio galego.
Os premios, que convoca o Instituto Galego da Vivenda e Solo cun valor total de 24.000 euros, teñen as seguintes modalidades e dotacións:
- Premio galego de arquitectura. Outorgarase entre os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou obras de ampliación que teñan suficiente entidade propia como para ser valorados de forma independente á construción orixinal. Dotación económica: 6.000 €
- Premio galego de rehabilitación. Destinado a galardoar os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente. Dotación económica: 6.000 €
- Mencións. Entre as actuacións que non obtivesen premio poderán destacarse con mención aquelas que o xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento.
Premios Especiais. O xurado poderá outorgar premios nas categorías especiais que se indican a continuación:
a) Á sustentabilidade. Destinado a destacar aquela actuación que supoña a implementación dunha arquitectura responsable co medioambiente, os recursos e as xeracións futuras. Dotación económica: 6.000 €
b) Á traxectoria profesional. Recoñecemento á meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura, no territorio galego, que o outorgará o xurado en base ás propostas formuladas polas entidades integrantes do xurado. O premiado deberá ser arquitecto. Dotación económica: 6.000 €.
Poderán optar a estes premios os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017 dentro do territorio da comunidade autónoma de Galicia. As persoas autoras dos proxectos deberán ser arquitectas. No caso do premio á traxectoria profesional non se establece ningún tipo de límite temporal.
A presentación das candidaturas será realizada por parte de algunha das institucións que formarán parte do xurado, que estará presidido pola Conselleira de Infraestruturas e Vivenda e composto por representantes do Instituto Galego da Vivenda e Solo; Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario; Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña; Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña; Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos; Federación Galega da Construción e Federación de Promotores de Edificación y Suelo de Galicia.
Caixa de suxestións
O IGVS pon a disposición do público en xeral una caixa de suxestións na aplicación premiosarquitectura.xunta.gal. á que poden remitirse suxestións para que o organismo, como entidade do xurado, poda telas en conta para facer a proposta prevista nas bases para os premios galegos de arquitectura, de rehabilitación e ao especial á sustentabilidade.
Na caixa de suxestións indicarase a modalidade do premio para a que se presenta a suxestión, a localización da obra, a descrición do proxecto, a data de terminación da obra e os datos identificativos da persoa autora do proxecto (nome/razón social e enderezo).
Deberá achegarse a documentación prevista nas bases:
- Imaxes: Un máximo de 12 arquivos, que poderán conter fotografías, planos, diagramas, etc., en formato jpg,
- Memoria descritiva e xustificativa do proxecto.
- Lámina-resumo, en formato horizontal DIN-A3,
- Opcionalmente, poderá achegarse un vídeo de duración máxima de 3 minutos
- Para o premio especial á sustentabilidade deberán incluír, ademais, unha memoria xustificativa das estratexias de sustentabilidade aplicadas, así como dos resultados obtidos.
A continuación poderanse consultar as bases do concurso daa edición de 2018:
O xurado acorda conceder a D. José Javier Suances Pereiro o premio especial á traxectoria profesional, en recoñecemento á súa meritoria traxectoria profesional en favor da arquitectura no territorio galego
Mencións
Premio de arquitectura
Mención
El jurado valora especialmente que la obra constituye un notable ejemplo de la arquitectura residencial actual que da respuesta coherente y sensible a los condicionantes del entorno. La actuación, fruto de…
Mención
El jurado valora la relevancia de la intervención para el conjunto histórico de Noia, en tanto sirve como pauta para la integración de los necesarios espacios de servicio en los tejidos urbanos de los cascos…
Premio galego de rehabilitación
Mención
El jurado valoró la elegante respuesta arquitectónica de una rehabilitación que adoptando soluciones actuales, resuelve las nuevas exigencias de una forma respetuosa con las edificaciones preexistentes a las que…
Mención
Se valora la eficiencia y sobriedad de la intervención que consigue recuperar una edificación degradada, aunque sin especiales valores patrimoniales en si, a la vez que satisface las actuales exigencias…