EDAR LAGARES VIGO

Imaxen principal candidatura
-
Arquitecto
-
Arquitecto Técnico/ Aparexador
-
Promotor
-
Construtor
-
Data de inicio
-
Data de fin
-
PEM
-
Outros técnicos
-
Imaxe de premiado
EDAR LAGARES VIGO
Categorías nas que se presenta
Premio galego de arquitectura
Imaxes adicionais
Sobre o proxecto

A estación depuradora contribuirá co seu funcionamento a satisfacer unha das principais demandas en materia de medio ambiente e calidade das augas na ría de Vigo.

A integración paisaxística na zona húmida do Lagares e lograr unha imaxe de industria contemporánea foron os obxectivos da intervención arquitectónica.

Esta intervención mellora a relación da cidade coa súa contorna natural, con criterios de sustentabilidade.

A EDAR asume o papel de servir de transición entre o espazo natural (marisma do Lagares), o asentamento industrial de Ricardo Mella, o asentamento de vivendas unifamiliares e a proximidade á praia de Samil.

A distribución de volumes e alturas das edificacións dentro da propia EDAR realízase de modo gradual. Esta gradación vai desde as edificacións enterradas próximas á marisma ás edificacións de maior altura que dan unha nova fronte ao espazo industrial de Ricardo Mella.

O obxectivo foi dignificar a imaxe industrial da zona, xerar unha nova visión que contribúe a entender o novo conxunto como unha industria contemporánea na que prima a orde e a serenidade.

A integración paisaxística é o principal obxectivo, polo que se soterra baixo cubertas verdes a maior parte do edificio. Empréganse fachadas e cubertas con materiais neutros.

Cúmprense así os seguintes obxectivos:

» Contribuír a desmaterializar os edificios nas vistas distantes.

» Crear un pano de fondo horizontal e neutro á marisma do Lagares na súa fronte desde a praia de Samil.

O resultado final é o dunha industria contemporánea que contribúe a dignificar a imaxe industrial da zona, sen renunciar ao respecto e posta en valor das calidades ambientais da localización, mellorando a relación entre a cidade e o medio no que se asenta.