A Xunta de Galicia premiará aos mellores proxectos arquitectónicos de edificacións realizados nos últimos anos nos eidos da arquitectura e a rehabilitación a través dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén se galardoará a traxectoria profesional nas categorías de arquitecto/a e aparellador/a ou arquitecto/a técnico/a.
A importancia destes premios queda patente ao estar incluídos expresamente no eixe 1 da liña estratéxica D do Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025, asinado o 20 de xaneiro de 2021 polos representantes das entidades integrantes do pleno do Observatorio da vivenda de Galicia, documento que recolle as liñas de actuación pública nesta materia, constituíndo o instrumento fundamental da planificación das políticas públicas na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2025.
Nesta edición, a quinta, estes premios supoñen o recoñecemento á calidade das edificacións rematadas nos anos 2023 e 2024, tanto de obra nova como de rehabilitación. Cabe destacar, así mesmo, os premios especiais: o de sustentabilidade e á traxectoria profesional; o primeiro busca destacar a implementación dunha arquitectura responsable e comprometida co ambiente, en consonancia cos programas desenvolvidos pola Xunta de Galicia. O segundo, o premio á traxectoria profesional pretende ser un recoñecemento da especial contribución á arquitectura no territorio galego por parte das persoas arquitectas, aparelladoras e arquitectas técnicas.
Os premios, que convoca o Instituto Galego da Vivenda e Solo cun valor total de 35.000 euros, teñen as seguintes modalidades e dotacións:
- Premio galego de arquitectura 2025.
O xurado poderá outorgar o premio galego de arquitectura 2025 entre os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que teña suficiente entidade como para poder ser valorada de forma independente da construción orixinal.
Dotación económica: 7.000 euros. - Premio galego de rehabilitación 2025.
O xurado poderá outorgar o premio galego de rehabilitación 2025 entre os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.
Dotación económica: 7.000 euros. - Mencións.
Entre as actuacións que non obtivesen premio, poderán ser obxecto de mención aquelas que o xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento. - Premios especiais.
O xurado poderá outorgar premios nas categorías especiais que se indican a seguir:- Á sustentabilidade 2025, destinado a destacar aquela actuación, de uso residencial ou dotacional, que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras.
Dotación económica: 7.000 euros. - Á traxectoria profesional 2025, destinada a recoñecer a meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura no territorio galego nas categorías de arquitecto/a e aparellador/a ou arquitecto/a técnico/a.
Dotación económica: 7.000 euros para cada unha das categorías
- Á sustentabilidade 2025, destinado a destacar aquela actuación, de uso residencial ou dotacional, que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras.
Poderán optar aos premios, agás o especial á traxectoria profesional 2025, os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas na Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2024.
As persoas físicas ou xurídicas autoras dos citados proxectos deberán ser profesionais da arquitectura.
Poderán propoñerse para o premio especial á traxectoria profesional 2025 as persoas arquitectas, aparelladoras e arquitectas técnicas que pola súa contribución a favor da arquitectura no territorio galego sexan merecedoras dun especial recoñecemento.
As entidades que, segundo a base quinta, teñan representación no xurado, poderán presentar candidaturas para os premios de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2025.
A presentación de candidaturas para concorrer aos premios galegos de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2025 poderá realizarse dende o sétimo día natural seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de maio de 2025.
A presentación das candidaturas require que, previamente, a través da aplicación informática que, para estes efectos, figura na páxina web do IGVS, se achegue a seguinte documentación:
Co obxecto de permitir a identificación das distintas persoas que participaron nos proxectos, no proceso de presentación de candidaturas de cada proxecto deberá quedar constancia do nome, teléfono e correo electrónico de cada unha das persoas intervenientes neles.
Cumpridas as formalidades anteriores, a aplicación informática xerará un documento resumo da documentación presentada, en formato pdf.