REFORMULACIÓN DUN ÁMBITO PÚBLICO. APARCAMENTO EN RÚA XUIZ FALCONE: DOBRE RÚA-DOBRE ESPAZO. NOIA

Imaxen principal candidatura
Rúa Xuíz Falcone, Noia
Arquitecto
-
Arquitecto Técnico/ Aparexador
-
Promotor
CONCELLO DE NOIA
Construtor
ADMINISTRACIÓN
Data de inicio
-
Data de fin
Mércores, 25 Maio, 2016
PEM
868.033 €
Outros técnicos
  • Francisco González Varela
Categorías nas que se presenta
Premio galego de arquitectura
Imaxes adicionais
Sobre o proxecto

 

O proxecto ten por obxecto a reformulación do ámbito da Rúa Xuíz Falcone.

Na orixe do proxecto, e coma elemento activador, está a recuperación do nivel orixinal da rúa, hoxe recheo: isto propicia unha transición lóxica e natural ca Finca do Marqués, e por extensión, ca ría e co Atlántico. O desprazamento vertical da rasante da rúa permite a disposición de dous niveis lonxitudinais, superpostos: é dicir, permite a disposición de dúas calles superpostas, anque abertas ao poñente, coma se dun edificio de dous andares se tratase.