A Xunta de Galicia premia aos mellores traballos realizados nos últimos anos nos eidos da arquitectura e a rehabilitación a través dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén se galardoa a traxectoria profesional dun arquitecto galego destacado.
O obxectivo dos premios é o impulso á excelencia da nosa arquitectura e a rehabilitación recoñecendo a calidade das edificacións, tanto de obra nova como de rehabilitación. Especial mención merecen os premios especiais de sustentabilidade e á traxectoria profesional. O primeiro busca destacar a implementación dunha arquitectura responsable e comprometida co medio ambiente en consonancia cos programas europeos e o Horizonte Europa 2020. O premio á traxectoria profesional pretende ser un recoñecemento da especial contribución á arquitectura no territorio galego.
Os premios, que convoca o Instituto Galego da Vivenda e Solo cun valor total de 20.000 euros, teñen as seguintes modalidades e dotacións:
- Premio galego de arquitectura. Outorgarase entre os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou obras de ampliación que teñan suficiente entidade propia como para ser valorados de forma independente á construción orixinal. Dotación económica: 6.000 €
- Premio galego de rehabilitación. Destinado a galardoar os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente. Dotación económica: 6.000 €
- Mencións. Entre as actuacións que non obtivesen premio poderán destacarse con mención aquelas que o xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento.
Premios Especiais. O xurado poderá outorgar premios nas categorías especiais que se indican a continuación:
a) Á sustentabilidade. Destinado a destacar aquela actuación que supoña a implementación dunha arquitectura responsable co medioambiente, os recursos e as xeracións futuras. Dotación económica: 4.000 €
b) Á traxectoria profesional. Recoñecemento á meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura, no territorio galego, que o outorgará o xurado en base ás propostas formuladas polas entidades integrantes do xurado. O premiado deberá ser arquitecto. Dotación económica: 4.000 €.
Poderán optar a estes premios os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas entre os días 1 de xaneiro de 2011 e 31 de decembro de 2015 dentro do territorio da comunidade autónoma de Galicia. Os autores dos proxectos deberán ser arquitectos. No caso do premio á traxectoria profesional non se establece ningún tipo de límite temporal.
A presentación das candidaturas será realizada por parte de algunha das institucións que formarán parte do xurado, que estará presidido pola Conselleira de Infraestruturas e Vivenda e composto por representantes do Instituto Galego da Vivenda e Solo; Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario; Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña; Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña; Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos; Federación Galega da Construción e Federación de Promotores de Edificación y Suelo de Galicia.
A continuación se poderán consultar as bases do concurso da edición do 2016.
O xurado acorda por unanimidade conceder a D. Andrés Fernández-Albalat Lois o premio especial á traxectoria profesional, en recoñecemento á súa meritoria traxectoria profesional en favor da arquitectura no territorio galego. singularidade da cultura propia.
Mencións
Premio de arquitectura
Mención por outras características salientables
Centro docente asistencial Down Coruña, en Pedralonga, A Coruña. Arquitectos: Emilio Rodríguez Blanco e José Luis Martínez Raído , p or tratarse dun proxecto que partindo dun presuposto moi baixo consegue, mediante…
Mención de edificio de uso público
Pabellón de celebraciones del Pazo de Cea, en Nigrán (Pontevedra). Arquitectos: Martín de Cominges Carvallo y José Javier Villacé Rodríguez. El proyecto es fruto de un afortunado ejercicio de meditación sobre la…
Mención por outras características salientables
Centro de actividades mariñeiras e cabanas do Barranco, en Ousesende, Outes (A Coruña). Arquitecto: Francisco Liñares Tuñez, Alfonso Salgado Suárez, p olo seu carácter innovador e polo respecto co que o edificio…
Mención de vivenda
Vivienda sobre el Miño en urbanización Pazo de Ramirás, en Ourense. Arquitecto: Manuel Jorreto Díaz. El jurado valora especialmente el modo en que el proyecto consigue la integración de una edificación actual en el…
Premio galego de rehabilitación
Mención de vivenda unifamiliar
Rehabilitación de vivenda na rúa Bonaval 6, en Santiago de Compostela. Arquitecto: Jesús Conde García e Casa do Medio, en Santiago de Compostela. Arquitectos: Óscar Andrés Quintela e Juan Andrés Quintela.
Os…
Mención de vivienda colectiva
Rehabilitación de viviendas en el casco histórico de Vigo. Zona delimitada por las rúas Ferrería, San Sebastián y Baixada á Costa. Arquitectos: Perfecto Cendón Domínguez y Francisco Javier Vázquez Fernández. En este…
Mención de edificio de uso público
Restaurante das minas San Finx, en Lousame (A Coruña). Arquitectos: Dosesmas Arquitectos (Álvaro Marín Durán e Alfonso Castro Lorenzo) pola posta en valor da edificación existente e a delicada resolución do programa…
Mención de edificio de uso público
Fundación Rubido Romero, en Negreira (A Coruña). Arquitectos: Elizabeth Abalo Díaz y Gonzalo Alonso Núñez, p or tratarse de una discreta actuación que resalta los valores etnográficos propios de la vivienda…
Premio especial á sustentabilidade
Mención de vivenda
Dezanove House, en Ribeiriña, A Pobra do Caramiñal (A Coruña). Arquitecto: José Ignacio Leite Martínez, pola incorporación de conceptos medioambientais ao proxecto, tanto de acondicionamento e confort térmico como de…
Mención de edificio de uso público
Escola infantil no Campus Universitario de Ourense. Arquitectos: Elizabeth Abalo Díaz e Gonzalo Alonso Núñez , por tratarse dun proxecto onde a vontade de sostibilidade constitúe o eixo xerador do propio proxecto.…