Trátase dunha vivenda certificada passivhaus de consumo enerxético case nulo, desenvolta en planta baixa, todos os espazos vivideros oriéntanse ao sur para mellorar o soleamiento, as aperturas teñen un sistema de contraventás practicables e un pequeno beirado para protección solar, a fachada norte que dá ao vial de acceso está practicamente pechada por completo, exponse un garaxe –espazo polivalente aberto situado na zona oeste da parcela, semienterrado e fóra da envolvente enerxética . Por outra banda dentro da envolvente hermética e súper illada sitúase a vivenda; co salón- cociña na párte sur –este proxectado con vistas cara á vila e cara á parcela, as habitacións tamén abertas ao sur e ao interior da parcela plantéanse como espazos polivalentes e transformables. A cuberta desta, axardinada, proxéctase como prolongación vexetal da parcela, axudando a integrala mellor no territorio. O proxecto a nivel conceptual podería definirse como un pequeno e amable contedor de madeira e vidro, envolto por outro contedor branco e vexetal incrustado no terreo, coma se fose parte deste.