A Xunta de Galicia premiará aos mellores proxectos arquitectónicos de edificacións realizados nos últimos anos nos eidos da arquitectura e a rehabilitación a través dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén se galardoará a traxectoria profesional nas categorías de arquitecto/a e aparellador/a ou arquitecto/a técnico/a.
A importancia destes premios queda patente ao estar incluídos expresamente no eixe 1 da liña estratéxica D do Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025, asinado o 20 de xaneiro de 2021 polos representantes das entidades integrantes do pleno do Observatorio da vivenda de Galicia, documento que recolle as liñas de actuación pública nesta materia, constituíndo o instrumento fundamental da planificación das políticas públicas na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2025.
Nesta edición, a quinta, estes premios supoñen o recoñecemento á calidade das edificacións rematadas nos anos 2023 e 2024, tanto de obra nova como de rehabilitación. Cabe destacar, así mesmo, os premios especiais: o de sustentabilidade e á traxectoria profesional; o primeiro busca destacar a implementación dunha arquitectura responsable e comprometida co ambiente, en consonancia cos programas desenvolvidos pola Xunta de Galicia. O segundo, o premio á traxectoria profesional pretende ser un recoñecemento da especial contribución á arquitectura no territorio galego por parte das persoas arquitectas, aparelladoras e arquitectas técnicas.
Os premios, que convoca o Instituto Galego da Vivenda e Solo cun valor total de 35.000 euros, teñen as seguintes modalidades e dotacións:
- Premio galego de arquitectura 2025.
O xurado poderá outorgar o premio galego de arquitectura 2025 entre os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que teña suficiente entidade como para poder ser valorada de forma independente da construción orixinal.
Dotación económica: 7.000 euros. - Premio galego de rehabilitación 2025.
O xurado poderá outorgar o premio galego de rehabilitación 2025 entre os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.
Dotación económica: 7.000 euros. - Mencións.
Entre as actuacións que non obtivesen premio, poderán ser obxecto de mención aquelas que o xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento. - Premios especiais.
O xurado poderá outorgar premios nas categorías especiais que se indican a seguir:- Á sustentabilidade 2025, destinado a destacar aquela actuación, de uso residencial ou dotacional, que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras.
Dotación económica: 7.000 euros. - Á traxectoria profesional 2025, destinada a recoñecer a meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura no territorio galego nas categorías de arquitecto/a e aparellador/a ou arquitecto/a técnico/a.
Dotación económica: 7.000 euros para cada unha das categorías
- Á sustentabilidade 2025, destinado a destacar aquela actuación, de uso residencial ou dotacional, que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras.
Poderán optar aos premios, agás o especial á traxectoria profesional 2025, os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas na Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2024.
As persoas físicas ou xurídicas autoras dos citados proxectos deberán ser profesionais da arquitectura.
Poderán propoñerse para o premio especial á traxectoria profesional 2025 as persoas arquitectas, aparelladoras e arquitectas técnicas que pola súa contribución a favor da arquitectura no territorio galego sexan merecedoras dun especial recoñecemento.
As entidades que, segundo a base quinta, teñan representación no xurado, poderán presentar candidaturas para os premios de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2025.
A presentación de candidaturas para concorrer aos premios galegos de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2025 poderá realizarse dende o sétimo día natural seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de maio de 2025.
A presentación das candidaturas require que, previamente, a través da aplicación informática que, para estes efectos, figura na páxina web do IGVS, se achegue a seguinte documentación:
Co obxecto de permitir a identificación das distintas persoas que participaron nos proxectos, no proceso de presentación de candidaturas de cada proxecto deberá quedar constancia do nome, teléfono e correo electrónico de cada unha das persoas intervenientes neles.
Cumpridas as formalidades anteriores, a aplicación informática xerará un documento resumo da documentación presentada, en formato pdf.
Primeira. Modalidades de premios
Establécense as seguintes modalidades de premios:
- Premio galego de arquitectura 2025.
O xurado poderá outorgar o premio galego de arquitectura 2025 entre os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que teña suficiente entidade como para poder ser valorada de forma independente da construción orixinal.
Dotación económica: 7.000 euros.
- Premio galego de rehabilitación 2025.
O xurado poderá outorgar o premio galego de rehabilitación 2025 entre os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.
Dotación económica: 7.000 euros.
- Mencións.
Entre as actuacións que non obtivesen premio, poderán ser obxecto de mención aquelas que o xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento.
- Premios especiais.
O xurado poderá outorgar premios nas categorías especiais que se indican a seguir:
- Á sustentabilidade 2025, destinado a destacar aquela actuación, de uso residencial ou dotacional, que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras.
Dotación económica: 7.000 euros.
- Á traxectoria profesional 2025, destinada a recoñecer a meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura no territorio galego nas categorías de arquitecto/a e aparellador/a ou arquitecto/a técnico/a.
Dotación económica: 7.000 euros para cada unha das categorías
- Á sustentabilidade 2025, destinado a destacar aquela actuación, de uso residencial ou dotacional, que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras.
- No suposto de que o xurado concedese algúns dos premios ex aequo, a dotación económica da modalidade ou categoría do premio repartirase entre as candidaturas premiadas.
Segunda. Condicións dos proxectos e das persoas premiadas
- Poderán optar aos premios, agás o especial á traxectoria profesional 2025, os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas na Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2024.
- As persoas físicas ou xurídicas autoras dos citados proxectos deberán ser profesionais da arquitectura.
- Poderán propoñerse para o premio especial á traxectoria profesional 2025 as persoas arquitectas, aparelladoras e arquitectas técnicas que pola súa contribución a favor da arquitectura no territorio galego sexan merecedoras dun especial recoñecemento.
Terceira. Presentación de candidaturas para concorrer aos premios galegos de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2025
- As entidades que, segundo a base quinta, teñan representación no xurado, poderán presentar candidaturas para os premios de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2025.
- A presentación de candidaturas para concorrer aos premios galegos de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2025 poderá realizarse dende o sétimo día natural seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de maio de 2025.
- A presentación das candidaturas require que, previamente, a través da aplicación informática que, para estes efectos, figura na páxina web do IGVS, se achegue a seguinte documentación:
- Autorización das persoas autoras dos proxectos á entidade propoñente para presentar a súa candidatura, así como o seu consentimento expreso ao IGVS para poder publicar, difundir e dar publicidade aos proxectos e ao material achegado coa proposta, segundo o modelo dispoñible na devandita aplicación. No suposto de que se presenten conxuntamente un elevado número de candidaturas, estes anexos poderán substituírse por unha declaración responsable da entidade propoñente de que conta coas ditas autorizacións de todas as persoas autoras dos proxectos propostos.
- Imaxes: admitirase un máximo de 12 arquivos, que poderán conter fotografías, planos, diagramas, etc., en formato jpg, relativos ao correspondente proxecto.
- Memoria descritiva e xustificativa do proxecto.
- Lámina-resumo, en formato horizontal DIN-A3, do proxecto proposto.
- Opcionalmente, poderá achegarse un vídeo de duración máxima de 3 minutos sobre o proxecto proposto.
- Os proxectos que se presenten para o premio especial á sustentabilidade deberán incluír, ademais, unha memoria xustificativa das estratexias de sustentabilidade aplicadas, así como dos resultados obtidos.
Co obxecto de permitir a identificación das distintas persoas que participaron nos proxectos, no proceso de presentación de candidaturas de cada proxecto deberá quedar constancia do nome, teléfono e correo electrónico de cada unha das persoas intervenientes neles.
- Cumpridas as formalidades anteriores, a aplicación informática xerará un documento resumo da documentación presentada, en formato pdf.
- As candidaturas para concorrer aos premios galegos de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2025 presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal que figura como anexo II.
- As entidades propoñentes deberán achegar coa proposta o documento resumo da documentación presentada na aplicación da páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
- De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das entidades propoñentes presenta a documentación presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da documentación aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das propostas poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- As entidades propoñentes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o xurado poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade propoñente, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
- Pechado o prazo de presentación de candidaturas, a persoa secretaria do xurado levantará acta dos proxectos presentados.
- Os proxectos propostos poderán ser visualizados na ligazón que, para estes efectos, se dispoña na páxina web do IGVS.
- A documentación presentada quedará á disposición da organización dos premios, que poderá utilizala para a súa difusión en calquera tipo de formato ou soporte.
Cuarta. Propostas de premios á traxectoria profesional 2025
As propostas para o outorgamento dos premios á traxectoria profesional 2025 serán presentadas no seo do xurado polas entidades con representación nel, e deberán vir avaladas pola correspondente xustificación.
Quinta. Composición do xurado
- O xurado estará presidido pola persoa titular da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Así mesmo, formarán parte do xurado, as seguintes persoas:
- A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
- A persoa titular da Secretaría Xeral do IGVS.
- A persoa titular da Dirección Técnica de Edificación e Calidade do IGVS.
- A persoa que designe a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
- A persoa que designe a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario.
- A persoa que designe a Dirección da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.
- A persoa que designe a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña.
- A persoa que designe o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
- A persoa que designe o Consello Galego da Arquitectura Técnica.
- A persoa que designe a Federación Galega da Construción.
- A persoa que designe a Federación de Promotores de Edificación y Suelo de Galicia.
- Actuará como secretario/a do xurado a persoa titular da Secretaría Xeral do IGVS.
Sexta. Funcionamento do xurado
- O xurado axustará o seu funcionamento ao sinalado nestas bases e ao disposto na sección 3ª do capítulo II do título preliminar da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
- As reunións do xurado celebraranse nas datas sinaladas pola súa presidencia e terán lugar na sede que o IGVS ten en Santiago de Compostela. Tamén poderán celebrarse telematicamente se así o acorda o xurado.
- Corresponde á presidencia do xurado a interpretación das presentes bases, así como a resolución daqueles aspectos non determinados nelas.
Sétima. Deliberacións e decisión do xurado
- Nas candidaturas aos premios de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2025, o xurado poderá realizar unha selección previa de proxectos finalistas, entre os cales se elixirá un ou varios proxectos gañadores para cada unha das modalidades dos premios. Así mesmo, o xurado poderá facer mencións honoríficas, sen dotación económica, a aquelas actuacións que aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento.
- As decisións do xurado tomaranse por maioría dos presentes na deliberación e, en caso de empate, decidirá o voto de calidade da súa presidencia.
- O xurado poderá declarar desertos os premios se considera que as obras presentadas non reúnen o mérito necesario para acadaren a distinción, así como conceder o premio ex aequo a máis dun proxecto.
- O xurado emitirá a súa decisión, con mención aos valores dos proxectos galardoados que os fan meritorios da distinción recibida.
Oitava. Difusión e publicidade
- O IGVS poderá publicar na súa páxina web os proxectos presentados e, de ser o caso, os seleccionados como finalistas polo xurado, os mencionados e, en todo caso, os galardoados.
- Tras a decisión do xurado, daranse a coñecer os proxectos premiados e farase entrega, en acto público, dos correspondentes galardóns ás persoas premiadas.
- O IGVS dará a correspondente publicidade, tanto ás persoas galardoadas como aos proxectos premiados, e pode, para tal efecto, utilizar o material achegado coa proposta de candidatura, así como proceder á súa divulgación a través das publicacións, exposicións, conferencias ou calquera outra actuación que coide oportuna.
Premio galego de arquitectura 2025 dotado con 7.000 euros:
O xurado acorda galardoar co premio galego de arquitectura 2025 ex aequo os seguintes proxectos cunha dotación de 3.500 € para cada un deles. Son as seguintes obras arquitectónicas:
“HALO” Vigo
Arquitectos: Alexandre Mouriño Fernández (AM2 ARQUITECTOS) | Jose Carlos Núñez de Oliveira (Noarq) | Miguel Sacristán Montesinos (ICCP, Arenas & Asociados)
- Promotor Concello de Vigo
- Construtor UTE HALO VIGO (Ferrovial - Oreco Balgón)
O xurado valorou fundamentalmente da proposta que é unha solución brillante a un problema que resolve cunha singularidade arquitectónica e constitúe un símbolo dentro da cidade. Considera que é unha obra encomiable pola configuración arquitectónica do elemento e por como se integra nunha topografía difícil e degradada.
“EDIFICIO PARA 34 VIVENDAS, PRAZAS DE GARAJE E TRASTEIROS” Santiago de Compostela. Arquitectos: Manuel Carbajo Capeans e Celso Barrios Ceide (Carbajo y Barrios Arquitectos Asociados, SLP)
- Arquitecto Técnico: Enrique Martínez Carregal
- Promotor: Alto Residencial Sociedade Cooperativa Galega
- Construtor: Por administración
O xurado valorou fundamentalmente da proposta a simplicidade, economía e talento para aproveitar os recursos para conseguir unha solución moi brillante, cunha sobriedade de medios que se converte na súa maior virtude resultando, en definitiva, un exercicio exemplar.
Premio galego de rehabilitación 2025 dotado con 7.000 euros:
O xurado acorda galardoar co premio galego de rehabilitación 2025 a:
“REHABILITACIÓN INTERIOR DA CASA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA” Arquitectos: Maria Gracia Amandi Joglar | Dionisio Jorge De Uña Santos
- Arquitecto Técnico/ Aparellador: Luis Ángel Fernández | Regina Quinteiro | Sandra Valverde
- Promotor: Concello de Pontevedra
- Construtor; UTE Pazo do Concello de Pontevedra: Construcciones Ramírez S.L. + REVIVIS - Reabilitação , Restauro e Construção , Lda
O xurado valorou a actuación realizada nun edificio de considerable valor histórico rescatando elementos que estaban na concepción orixinal do edificio e resolvendo problemas actuais nun edificio histórico, introducindo nun mesmo edificio dúas solucións nun gran exercicio de creatividade.
Premio especial á sustentabilidade dotado con 7.000 euros
O xurado acorda galardoar co premio especial á sustentabilidade 2025 a:
“AMPLIACIÓN E REFORMA DO CENTRO DE SAÚDE DO PORRIÑO (PONTEVEDRA)”. Arquitectos: Cristina Ezcurra de la Iglesia | Cristina Ouzande Lugo | Ezcurra y Ouzande Arquitectura, SLP
- Arquitecto Técnico/ Aparellador: Antonio Carballo Couñago | Luis Ángel Fernández Neira
- Promotor: SERGAS
- Construtor: S.A. de obras y sevicios COPASA
O xurado valora o acerto á hora de ampliar o centro de saúde existente con novos criterios ao que se lle engade un edificio novo que resolve de forma eficaz a problemática de rehabilitar un edificio con poucos materiais, ben empregados e moi limpos, e unha maior funcionalidade. É unha actuación brillante que corrixe erros do edificio existente e consegue unir os dous edificios cunha visión moi agradable, coidando os detalles e cun alto grao de satisfacción das persoas profesionais e usuarias do centro de saúde.
- Premio especial á traxectoria profesional na categoría de arquitecto: D. Jesús Irisarri Castro e Dona Guadalupe Piñera Manso (Irisarri Piñeira Arquitectos).
O xurado acorda por unanimidade conceder a D. Jesús Irisarri Castro e Dona Guadalupe Piñera Manso o Premio especial á traxectoria profesional na categoría de arquitecto, en recoñecemento á súa achega continuada, ética e exemplar á arquitectura galega contemporánea.
A obra de Irisarri Piñeira representa unha práctica arquitectónica de alta calidade, caracterizada por unha profunda coherencia conceptual, un dominio técnico refinado e unha clara vocación pública. Ao longo das últimas décadas, o estudo desenvolveu proxectos que destacan por:
- Innovación material e rigor construtivo -
A súa arquitectura explora con solvencia novas linguaxes tectónicas e solucións construtivas avanzadas. O uso expresivo da lámina de formigón, a envolvente de madeira e vidro no Centro de Saúde de Muros, ou a integración de sistemas pasivos de eficiencia enerxética, evidencian unha investigación constante sobre os materiais e a súa capacidade para xerar atmosferas e significados.
- Compromiso co servizo público -
A intervención en equipamentos públicos —Centros de Saúde, Departamentos de Pescadores en Cangas, rehabilitación de Rexistros da Propiedade— amosa unha arquitectura que entende o espazo construído como ferramenta de cohesión social. Estes proxectos dignifican os usos cotiáns, cualifican o tecido urbano e responden ás necesidades cidadás con sensibilidade e intelixencia.
- Integración paisaxística e contextual -
Proxectos como a Cidade Deportiva Afouteza ou a Vivenda en Picoto demostran unha lectura precisa e respectuosa do territorio. A súa arquitectura dialoga coa paisaxe, potenciando os valores naturais e culturais da contorna, e convertendo o lugar en materia activa do proxecto.
Por todo o anterior, o xurado considera que a traxectoria de Irisarri Piñeira Arquitectos encarna os principios fundamentais da arquitectura como disciplina cultural, técnica e social. Pola súa excelencia profesional, polo seu compromiso coa cidadanía e pola súa capacidade para transformar o territorio desde a responsabilidade e o coñecemento, postulamos este estudo como merecedor do Premio á Traxectoria.
O xurado acorda por unanimidade conceder a D. Roberto Medín Guyatt o premio especial á traxectoria profesional, en recoñecemento á súa longa, exitosa e impecable vida laboral a favor da arquitectura técnica no territorio galego.
Aparellador, arquitecto técnico e graduado en enxeñería de edificación, pero por riba de todo magnífico profesional, mellor persoa e compañeiro de vocación e alma, creador de construcións singulares e vínculos humanos únicos. Referente en activo da nosa profesión durante 5 décadas, tamén para novas xeracións de estudantes como profesor admirado pola súa proximidade e entrega, firme de-fensor da profesión en todos os foros e medios onde ten ocasión de participar, e todo un exemplo de ética, compromiso e sobre todo de humanidade.
A súa carreira profesional comeza no ano 1972 como arquitecto técnico contratado ao servizo da Administración de Defensa, na Comandancia de Obras da Coruña, como xefe de obra en diversas obras de rehabilitación, modernización e de nova planta, destacando entre outras actuacións a de Modernización do Hospital Mili-tar da Coruña, o novo edificio da Xefatura de Sanidade, o Centro Táctico nº 12 da Rede Territorial de Mando (cota 806 do Monte Campelo, en Sobrado dos Monxes) e a Terminal 22 da mesma Rede en Capitanía Xeral da Coruña. O mesmo tempo, comeza a súa actividade de dirección de execución colaborando co estudo de ar-quitectura do arquitecto Andrés Fernández‐Albalat Lois.
En 1981 deixa a Comandancia de Obras e dende entón desenvolve a súa activida-de profesional integramente no campo do exercicio libre da profesión, con dedi-cación principal á Dirección da Execución de Obras de Edificación, á Coordinación de Seguridade e Saúde, á Inspección Técnica de Edificios e á Pericia Xudicial. Ta-mén foi perito taxador.
A súa participación como director de execución da obra e como coordinador de seguridade e saúde, en importantes promocións tanto públicas como privadas e colaborando cos profesionais máis prestixiosos, é ampla e extensa. A continuación destácanse algunhas das súas obras más recoñecidas e importantes:
- Facultades de Matemáticas e Bioloxía do Campus da Universidade de Santiago de Compostela.
- Estadio de San Lázaro, en Santiago de Compostela.
- Edificio Sede de Rede Eléctrica na Coruña.
- Edificio para o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), en San Lázaro, Santiago de Compostela.
- Edificio para o Instituto Galego de Estatística (IGE), en San Lázaro, Santiago de Compostela.
- Edificio Administrativo para el Servizo Galego de Saúde (SERGAS), en San Lázaro, Santiago de Compostela.
- Residencia Oficial do Presidente da Xunta de Galicia e Edificio Representativo da Presidencia en Monte Pío, Santiago de Compostela.
- Edificio para a Biblioteca do Estado na Avenida Xoán XXIII de Santiago de Compostela.
- Edificio Administrativo para a Xunta de Galicia en Campolongo ‐ Pontevedra.
- Edificio para a Fundación Santiago Rey Fernández‐Latorre, no Polígono de Sabón – Arteixo.
- Montaxe de Elementos Museográficos do Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) na Coruña.
Pero por si todo isto non fose suficiente, o recoñecemento á súa traxectoria profe-sional non sería completo e, ademais, sería inxusto non facelo, se non se fai men-ción á súa defensa activa da nosa profesión a través da súa participación en dis-tintos órganos de goberno da arquitectura técnica. Así, dende 1997 ata 2009 foi presidente do Colexio Profesional da provincia da Coruña e conselleiro do Conse-llo Xeral da Arquitectura Técnica de España, con participación nas comisións de Seguridade e Saúde Laboral, na de Estatística e na de Visado de devandito Conse-llo Xeral. Foi redactor da normativa deontolóxica de actuación profesional.
En xuño de 2017 e ata o ano 2023 volve a ser presidente do seu Colexio Profesio-nal cun amplísimo apoio colexial, e participa na Comisión nacional de Deontoloxía, da que foi presidente, e na comisión bilateral que o Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España mantén co Consello Superior de Arquitectos de España. Tamén foi secretario xeral de Unión Profesional de Galicia.
Por todo isto e por outras moitas cuestións que non é viable incluír porque farían eterno este documento, non cabe ningunha dúbida de que Roberto Medín Guyatt, que aos 75 anos segue en activo, merece o maior dos recoñecementos que se poidan facer.
Mencións
Premio de arquitectura
Mención en concurso Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2025 para a candidatura Casa Chao test na categoría Premio galego de arquitectura
Premio galego de rehabilitación
Mención a CASA PRIS
Benvido ó panel de xestión para o tratamento de todo o relacionado cos Premios de Arquitectura e de Rehabilitación de Galicia.
Premio especial á sustentabilidade
Nomre da candidatura
Benvido ó panel de xestión para o tratamento de todo o relacionado cos Premios de Arquitectura e de Rehabilitación de Galicia.