HALO é un elemento de cohesión social e unha ferramenta de mellora da sustentabilidade. Salvando en 28 segundos un desnivel de 45 m este dobre elevador urbano une nun par de minutos unha distancia que ata a data só podía ser salvada camiñando durante 20 minutos. No seu primeiro ano en funcionamento moveu a máis de 2M de usuarios, co que en termos de redución de pegada de carbono este dato supón. A nivel socioeconómico este elevador une dous ámbitos con dúas rendas per cápita moi desiguais. Dita desigualdade comezou a minguar desde a súa entrada en funcionamento. Formalmente as pasarelas en forma circular unha cuberta e outra descuberta ofrecen ao usuario unha experiencia de compresión e expansión espacial que converten a este elemento nun novo miradoiro sobre a Ría de Vigo. Dous aeroxeradores de eixo vertical producen o 20% da enerxía requirida. Estas características e a súa sutil iluminación nocturna convertérono nunha nova icona da cidade.