RECONSTRUCIÓN DE VIVENDA AFECTADA POLA VAGA DE LUMES EN SAA

Imaxen principal candidatura
-
Arquitecto
-
Arquitecto Técnico/ Aparexador
-
Promotor
-
Construtor
-
Data de inicio
-
Data de fin
-
PEM
-
Outros técnicos
-
Categorías nas que se presenta
Premio galego de rehabilitación
Sobre o proxecto

Téntase recuperar a vivienda da maneira máis respectuosa co patrimonio e coa memoria do lugar, despois do incendio que a destruíu por completo. A intervención tratou de coidar especialmente a execución e os materiais de acabado, sendo o máis respectuosos co contorno e co pasado da edificación. Despois de falar co propietario, e dadas a limitacións económicas, optouse por un programa mínimo, situando en planta baixa a zona de día, formada por unha única estancia diáfana con cociña e salón comedor. Do mesmo modo, incorpórase un baño accesible, dotado de ducha, inodoro e lavamáns. No rocho mantense o uso previo, incorporándose a área de lavandería na estancia de menor dimensión, sitiuada baixo o corredor exterior. Na planta primeira, desde un recibidor común no patín, articúlase a zona de noite, formada pola antiga lareira, destinada ol dormitorio secundario. No volume principal da vivenda, incorpórase un vestíbulo que comunica a través dunha escaleira ambas plantas, e donde se incorpora a estufa calefactora de leña. Desde este espazo accédese ao dormitorio principal cun pequeno aseo, e con saída ao corredor recuperado, e que conta con orientación Leste. Ademais das dúas portas balconeiras de saída ao corredor, unha porta de servizo conecta visualmente o dormitorio coa dobre altura da zona de día. Esta permite saír a un corredor interior pousado sobre a envolvente pétrea de planta baixa. Esta dualidade corredor exterior-corredor interior en paralelo, permitirá as perspectivas e visións cruzadas, ademais de admitir unha limpeza e mantemento das ventás coincidentes coa dobre altura. Unha vez realizada a lectura dos paramentos pétreos da edificación, defínense claramente a edificación orixinal de 1910, as partes engadidas no ano 1953, e as reformas efectuadas no ano 2000. A parte postiza incorporada na planta primeira da fachada principal, será substituída para recuperar a zona do antigo corredor. No patín de acceso, minimizarase a presenza da cuberta de formigón e os elementos de aluminio e vidrio do faldón. Demoleranse as carpinterías alleas á arquitectura tradicional, e sobre a cuberta de formigón incorporarase unha de zinc de pendente mínima. Tamén se propón a demolición da construción situada no patio, para que a figueira e un loureiro volvan ser os protagonistas do patio.