- Fernando Mirada (ingeniero)
O locus, un monte inserido no centro urbano e parcialmente erosionado para o seu uso como aparcamento provisional, debía albergar agora un equipamento publico de Auditorio e Escola de Música nunha parcela estreita, limite entre o urbano e o espazo natural. Exponse uns muros crebados que suturan ese limite, recuperando a orografía do espazo natural por unha banda e resolvendo, coa edificación e a conformación do espazo publico, a conexión á trama urbana polo outro. Ao ser un municipio de pequena escala solicitábase un espazo flexible multiusos dentro dunha contención económica obrigada. Para iso resólvense as distintas tipoloxías mediante un sistema de butacas extraíbles e tarimas modulares. Este sistema permite, máis aló da flexibilidade, como permutador tipolóxico, un solución en continuidade cos experimentos teatrais dos anos 50 e 60 ata unha obra aberta como proceso operativo contemporáneo de simultaneidade ou indeterminación tipolóxica. A sala negra, completa a cámara negra da caixa escénica, encartándose ao mandato da acústica e deixando levitar a nube de paneis acústicos regulables.